Skip to content

BALÓNS FÓRA. Emigrantes do Gol. XANEIRO 2013

enero 4, 2013

Empeza un ano no que os futbolistas galegos seguirán saíndo fóra de España pola crise e deixando boa imaxe polo mundo. Xa mergullados na tempada de inverno, moitas ligas pararon ata que mellore o tempo, algunhas remataron, e outras seguen cun ritmo frenético. Engádense novos xogadores á lista, algúns dos nosos poden trocar camisetas neste mercado de transferencias, e o fútbol segue sendo igual de apaixonante en calquera parte na que se xogue con ilusión. 

 

deALEMAÑA

Joselu Mato (TSG 1899 Hoffenheim) Bundesliga 14 Partidos Xogados 4 Goles

O xoven dianteiro recibiu moita atención dos medios na súa volta a Galicia nas vacacións. No futbolístico, non foi convocado no primeiro partido de Frank Kramer como adestrador interino, a derrota 2-0 na visita a Hamburgo. Na seguinte xornada, entrou no m.62 contra o B.Dortmund nun partido que perderon 1-3. Apenas tocou bola en zonas de importancia e pasou desapercibido. Marco Kurz (ex Kaiserslautern) dirixe xa os adestramentos do equipo.

Ricardo Rodríguez (Wolfsburg) Bundesliga 11PX DFB Pokal 1PX

Nova incorporación á lista o campión do mundo sub17 con Suíza, e os seus irmáns que aínda xogan no país helvético. De pai galego, e con fortes ligazóns coa nosa terra, merece que o sigamos cada mes. Nas últimas xornadas non contou demasiado entre tanta inestabilidade deportiva no Wolfsburg. INFORME DE FÚTBOL agradece o comentario na anterior entrada dos Emigrantes do Gol, que levou a inclusión dos irmáns Rodríguez na lista.

 

atAUSTRIA

Iván Carril (SV Ried) Bundesliga 6 PX Europa League 2PX

Segue lesionado en espera de reaparecer en marzo tralo parón. 

Rubén Rivera (WAC) Bundesliga 14PX 1G ÖFB Cup 3PX 5G

Ficou agardando no banco a súa oportunidade no WAC 3 Austria Viena 6, e logo suspendeuse polo mal tempo o derradeiro encontro do Wolfsberger do 2012 ante o Ried. Parón invernal, volven en marzo.

 

cyCHIPRE

Jonathan Aspas (Alki Larnaca): Division A 12PX 2G Copa 1PX

O Alki non despega e atópanse inmersos na parte máis dura do calendario contra os rivais da parte alta da táboa. Venceron ao Ethnikos Achna por 0-2 pero logo perderon no derbi contra o AEK 2-0 e ante o representante na Champions de Chipre, o AEL, fixeron un bo encontro, pero cando tiñan o encontro controlado un erro defensivo de Sidnei significou o 2-3 e a derrota. Neste partido Jonathan Aspas, co número 8, marcou o 1-2 que abría as esperanzas locais (vídeo)

 

Pablo Suárez (Doxa Katokopias): Division A 7PX

O Doxa pasou o Tourmalet do campeonato chipriota, e Pablo Suárez viviu cos suplentes a sopresa en Larnaca, cando venceron 1-2 ao AEK e a derrota ante o AEL por 2-0. Logo foi titular na casa ante o APOEL onde tivo moito traballo en defensa, moi esixido por un rival superior, e remataron perdendo por 0-3. Coa apertura do mercado o vigués xa non conta para Loukas Hadjiloukas pero segundo soubo INFORME DE FÚTBOL a través do seu representante “en principio, rematará a tempada co Doxa”. Veremos como avanza o asunto nos vindeiros días.

Brais Lorenzo (Akritas Chlorakas)  Chipre 2. División – sen datos

A situación de Brais Lorenzo no Akritas (onde está cedido polo Doxa) non é a mellor, pois o clube, na zona baixa da segunda división chipriota, está tendo problemas cos pagos. Podería cambiar de aires neste mes.

 

grGRECIA  

Damián Bellón (Veria): Grecia Superliga 7PX 

O papel do suízo é cada vez máis residual no Veria dende a chegada de Dimitrios Kalatzidis como adestrador. Non xogou nin un minuto nos últimos partidos: Platanias en liga, dobre enfrontamento co Thrasivoulos en Copa e a sorprendente vitoria por 3-0 ante o Panathinaikos, na que polo menos estivo no banco. Coa apertura do mercado o clube búscalle unha saída pois non conta con el.

hkHONG KONG

Dani Cancela (Kitchee) HKFA 1ª División 4PX Senior Shield 1PX

Mala sorte para Dani Cancela que volvía a ser titular en liga pero tivo que marchar lesionado no primeiro tempo da visita ao Rangers BC. Cando o lateral galego tivo que marchar xa gañaban 0-2. O resultado final foi de 2-7 para o Kitchee.

Yago González (Kitchee) HKFA 1ª División 8PX 2G Senior Shield 2PX

Ficou no banco para no único partido de Kitchee este mes, a vitoria por 2-7 ante o Rangers BC.

Pablo Couñago (Kitchee) HKFA 1ª División 5PX 6G Senior Shield 2PX

O dianteiro de Redondela marcou dous goles (un de penalti) e deu un bo pase para Jordi Tarrés no segundo gol da paliza que lle deron ao BC Rangers por 2-7. Aquí tedes o vídeo do partido, Couñago leva o dorsal 8.

Dieguito Folgar (Southern District) HKFA 1ª División 9PX 2G Senior Shield 3PX

Co paso das xornadas Dieguito converteuse no xogador clave do Southern District, tanto na fase ofensiva coma na defensiva. Tiveron un decembro ocupado, cun 1-0 na ida das semis da Senior Shield fronte ao Tai Po. Nese partido estivo mellor en defensa que en ataque. Logo tivo un gran encontro ante o Yokohama, xerando perigo nas contras, pero non puido poñer a rúbrica cun gol nunha boa oportunidade. Empate a 0. Non xogou na FA Cup por acumulación de tarxetas.

Jonathan Carril (Southern District) HKFA 1ª División 9PX 5G Senior Shield 3PX 1G FA Cup 1PX

No sistema do Southern, Carril é un dos sacrificados pois normalmente está moi só no ataque, loitando contra a defensa rival. Ese foi o seu principal handicap no empate sen goles fronte ao Yokohama. Na semifinal da Senior Shield, tamén sufriu ese problema mais marcou un gol inxustamente anulado. Gañaron 1-0 e o día 6 de xaneiro xogan a volta que os pode meter nunha final no seu primeiro ano na máxima categoría de Hong Kong. O partido da FA Cup tamén fronte ao Tai Po foi un desastre, derrota por 3-0 dun equipo que non estaba centrado e xa pensa no seus importantes retos.

 

huHUNGRÍA

Goran Maric (Lombard Pápa): NB I 10PX 8G Ligakupa 2PX Magyar Kupa 1PX

Parón invernal ata marzo.

englandINGLATERRA

Adrián López ‘Piscu’ (Wigan) Premier 5PX League Cup 2PX

Unha mágoa que o central de As Pontes caeu lesionado xusto cando estaba contando máis para Roberto Martínez. Xogou de titular contra o Queens Park Rangers encontro que rematou con empate a dous goles e no que Piscu fallou na marcaxe dun córner que provocou o primeiro gol. Tamén foi titular na derrota por 2-1 ante o Norwich City noutra actuación irregular. Agárdase que estea recuperado durante o mes de febreiro.

Iago Falqué (Tottenham Hotspur): Premier League 1PX League Cup 2PX Premier U21 7PX 5G Europa League 2PX

Debutou na Premier League pero non foi algo memorable. Entrou no minuto 85 gañando 0-1 ao Everton e acabaron perdendo malia que non tivo culpa. Tamén tivo un partido da Premier U21 no que venceron en Birminghan 0-3 ao Aston Villa noutro bo partido de Falqué, ao que esta categoría se lle queda pequena. Participou no segundo gol que marcou o internacional inglés Scott Parker, que xogou este partido para apañar minutos trala súa lesión. Iago está nas miras de varios equipos de Segunda división española neste mercado de inverno.

Denis Suárez (Manchester City) Premier U21 6PX 2G League Cup 1PX Next Gen Series 3PX 2G

O internacional sub19 pasou un tempo mancado pero volveu a xogar de inicio no Manchester City sub21 ante o Fulham. Malia que tivo ocasións o encontro rematou con empate a un gol.

 

ilISRAEL

Gonzalo García “Recoba” (Maccabi Tel Aviv) Liga Ha’Al 14PX 2G Toto Cup 5PX 2G

O Maccabi de Tel Aviv segue liderando a liga Ha’Al pese a que ultimamente pasaron por un mal momento de xogo. Gonzalo García pode ser un dos “culpables” desa situación pois non está a destacar como fixo na maior parte da tempada. Nos catro partidos de liga recentes, quedou no banco en dous, e participou discretamente na derrota ante o Maccabi Haifa (nun mal partido do equipo en xeral) e no trunfo ante o Maccabi Netanya. Tamén xogou na Toto Cup, onde o pechacancelas da liga, Hapoel Haifa, os eliminou ao gañar 0-1. Un equipo ao que na derradeira xornada do 2012, venceron por 6-2.

kzKAZAKSTÁN

Gustavo Souto  (Kairat) Super League 9PX 2G

Rematou a tempada en Kazajistán e a súa estancia no Kairat. Gustavo Souto busca equipo. Pode ser a primeira baixa dos nosos emigrantes se queda a xogar nas competicións estatais. Durante decembro foi protagonista de ‘Españoles por el mundo’ na TVE.

mcMALTA

Jorge Veloso (Melita)

Leva en Malta dende o día 30 de decembro adestrando co seu novo equipo. Espérase o seu debut do dianteiro vigués nos vindeiros días. O sábado 5 teñen un partido clave na zona baixa contra o Hamrun Spartans.

ptPORTUGAL

Rodrigo Moreno (Benfica) Superliga 10PX 5G Taça de Portugal 3PX 2G Taça da Liga 2PX 1G Champions League 4PX

O dianteiro brasileiro, formado na canteira do Celta, segue a ter minutos con frecuencia á que resposta con goles, mais a competencia é alta. Na liga, apenas xogou os minutos finais nos dous partidos deste mes, pero tivo tempo de marcarlle un gol ao Marítimo. Na Taça da Liga foi titular contra Olhanense e marcou un gol no trunfo por 2-1 pero ante Moreirense entrou perdendo 0-1 a falta de 20 minutos, o Benfica empatou a 1 pero Rodrigo non estivo atinado. Destacou máis no 6-0 que lle meteron ao Desportivo Aves na Taça de Portugal, con dous tantos e unha boa actuación. Rodrigo lonxe dos seus partidazos coa sub21 española, mostra unha xeira máis irregular co Benfica. No recomendable blog portugués, Lateral Esquerdo, temos unha análise dun detalle a mellorar e que ademáis fala do tema estatístico que tanto gusta en INFORME DE FÚTBOL.

seSUECIA

Verónica Boquete (Tyresö)

A tempada na Damallsvenskan comeza o 13 de Abril. O debut do Tyresö será ao día seguinte con Vero como unha das súas estrelas.

chSUÍZA

Roberto Rodríguez (Bellinzona) Challenge League 0PX

Unha lesión non lle permitiu empezar a tempada co seus compañeiros e, polo momento, non tivo oportunidades nun equipo que loita por subir á Superliga suíza.

Francisco Rodríguez (Zurich II) 1.Liga Promotion 1PX

O irmán pequeno do internacional suízo Ricardo Rodríguez apenas tivo minutos nesta tempada no segundo equipo do Zurich. É un dos mais novos do cadro e pode xogar cos U18.

Raúl Cabanas (SC YF Juventus) 1.Liga Promotion 16PX 8G Copa 1PX

Paran ata marzo

Carlos Varela (Köniz) 1.Liga Grupo 2 11PX 2G Copa 3PX 1G

Antes do descanso invernal o Köniz tiña un partido de Copa ante un equipo de Superliga, o Zurich, que os eliminou por 1-5, con Varela de titular.

Yago Bellón (Kreuzlingen) 1.Liga Grupo 3 13PX 4G Copa 1PX 1G

Paran ata marzo

 

uaUCRAÍNA

Lucas Pérez (Karpaty Lviv) Premier 17PX 8G Kubok 1PX

Foi escollido como mellor xogador do Karpaty no 2012 con case o 50% dos votos dos seguidores do equipo. Tamén vai gañando, aínda que con menos diferenza, a votación ao mellor xogador da primeira metade da tempada na web do equipo de Lviv.

Iago Beceiro (Karpaty Lviv) Premier 0PX

En breve se abrirá o mercado de pases e poderán tramitar a súa ficha.

 

Todas as informacións son froito da observación directa dos partidos ou dos resumos, así como de informacións recollidas na prensa e internet.

Se coñeces a algún futbolista galego que estea xogando polo mundo adiante en calquera categoría, deixa un comentario e aparecerá nesta sección.

Datos actualizados ata 3 o de xaneiro.

Anuncios
One Comment
  1. O mesmo día que se pechou esta nova entrada confirmouse a saída de Jonathan Aspas do Alki Larnaca. Na vindeira edición contaremos máis da súa rescisión (motivos económicos semellan a causa)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: