Saltar al contenido

BALÓNS FÓRA. Emigrantes do gol. Febreiro 2013

febrero 2, 2013

Xaneiro aínda é un mes de transición, con moitas ligas paradas, pouca acción e atención ao mercado de fichaxes. Algúns galegos saíron e outros trasladáronse polo mundo. Polas datas de traspasos nalgúns países podería haber máis movementos. Esta edición fica actualizada ata o 31 de xaneiro polo que non se analisan os partidos de onte no que xogaron o Melita de Malta, o City U21, o Auckland City con Souto e de hoxe, gran vitoria do máxico Southern District ante o Yokohama con gol de Jonathan Carril. Todo iso aparecerá máis detallado no vindeiro mes e será comentado en directo en Twitter.

deALEMAÑA

Joselu Mato (TSG 1899 Hoffenheim) Bundesliga 16 Partidos Xogados 4 Goles

Joselu non acaba de asentarse na Bundesliga. O Hoffenheim, en postos de descenso, está reforzando tódalas súas liñas. Para o ataque soaron moitos nomes e chegou Igor De Camargo.  En canto ao deportivo, entrou no minuto 83 no Hoffenheim 0 Borussia Mönchengladbach 0 e xogou todo o partido contra o Eintracht Frankfurt (derrota por 2-1) pero non estivo ben en ningún dos dous encontros.

Ricardo Rodríguez (Wolfsburg) Bundesliga 13PX DFB Pokal 1PX

Saíu de titular na casa ante o Stuttgart na banda esquerda pero non estivo moi atinado, permutou de posición con Marcel Schäfer por momentos pero foi substiuído ao descanso do encontro con 0-0, e o equipo gañou o partido. Entrou nos últimos minutos do Hannover 2 Wolfsburg 1 cumprindo cun bo papel.

atAUSTRIA

Iván Carril (SV Ried) Bundesliga 6 PX Europa League 2PX

Operouse en xaneiro do nocello e agarda estar de volta para marzo-abril

Rubén Rivera (WAC) Bundesliga 14PX 1G ÖFB Cup 3PX 5G

A competición volve neste mes.

cyCHIPRE

Jonathan Aspas (Alki Larnaca): Division A 13PX 2G Copa 1PX

O comezo de ano para Aspas pasou por aspectos extra deportivos. Por unha parte, anunciouse que deixaba o Alki polos problemas económicos dos chipriotas. Logo nunha entrevista declarou que tiña contrato en vigor e que a súa ausencia debíase ás molestias físicas. Por fin, durante a pasada semana a prensa local destacaba que quedaba nas filas do Alki. Volveu a xogar no minuto 70 do encontro do pasado luns ante o Doxa. Por outra parte, con todo o rebumbio montado arredor do seu irmán Iago, Jonathan converteuse no seu representante, algo que o tivo moi ocupado neste mes.

Pablo Suárez (Doxa Katokopias): Division A 9PX

Entrou durante a primeira parte para substituír a Pina no Doxa-ENP. O partido empezou cun gol de penalti para os visitantes pero na segunda parte, con Pablo Suárez no campo, conseguiron empatar. Polo que se ve no resumo xogou escorado a dereita, ben en defensa ou en mediocampo. No partido contra o Alki entrou no minuto 75. O resumo do partido pódese ver no seguinte vídeo: Apenas aparecen os galegos pero paga a pena ver o gol de calcaño de Ricardo Fernandes para o Doxa (a partir do minuto 1:10).

Brais Lorenzo (Akritas Chlorakas)  Chipre 2. División – sen datos

Pendente de confirmar se continua no equipo.

grGRECIA

Damián Bellón (Panetolikos):Football League 0PX Grecia Superliga 7PX

Deixou de contar para o Veria e non xogou nin foi convocado. Antes do peche do mercado foi traspasado ao Panetolikos da Football League (segunda división grega)

hkHONG KONG

Dani Cancela (Kitchee) HKFA 1ª División 4PX Senior Shield 1PX

Non puido participar nos dous partidos de liga do Kitchee por lesión.

Yago González (Kitchee) HKFA 1ª División 10PX 3G Senior Shield 2PX

Xogou como titular nos dous partidos deste mes. Un empate a dous goles contra o Yokohama, con gol de Yago, e, sobre todo, a derrota na casa por 1-2 contra o BC Rangers deixan aos actuais campións case sen opcións na liga.

Pablo Couñago (Kitchee) HKFA 1ª División 7PX 6G Senior Shield 2PX

Couñago tamén saíu de inicio en ámbolos dous partidos de xaneiro para o Kitchee pero no puido aportar os goles necesarios para seguir na pelexa polo campionato. Aínda así, participou no gol que os adiantou ante un BC Rangers que logo vingou a goleada apañada o mes pasado e remontou. O Kitchee queda a seis puntos do South China con sete xornadas por diante.

Dieguito Folgar (Southern District) HKFA 1ª División 10PX 3G Senior Shield 4PX FA Cup 1P

Derrota dolorosa na volta das semis da Senior Shield. Era unha oportunidade única para acadar unha final cun equipo tan modesto pero non puideron superar ao Tai Po, que lles gañou 3-1 (3-2 no global) Logo gañaron o encontro da FA CUP anque xa sen posibilidades de avanzar na eliminatoria, e acadaron un empate 1-1 na cancha do Sun Pegasus para sumar un punto na liga. Bo partido de Dieguito, xogando na mediapunta, liberado de tarefas defensivas. Fixo un gran partido culminado cun gol.

Jonathan Carril (Southern District) HKFA 1ª División 9PX 5G Senior Shield 4PX 1G FA Cup 2PX 1G

Non tivo o seu día, coma todo o equipo, na Senior Shield. Logo marcou na FA Cup de penalty e tivo outro partido de moita loita arriba ante o Sun Pegasus. No vídeo dese partido pódese ver o gol de Dieguito tras deixada de Carril e coa axuda dun porteiro coas mans moi brandas.

huHUNGRÍA

Goran Maric (Lombard Pápa): NB I 10PX 8G Ligakupa 2PX Magyar Kupa 1PX

Parón invernal ata marzo.

englandINGLATERRA

Adrián López ‘Piscu’ (Wigan) Premier 5PX League Cup 2PX

Non xogou por lesión. Unha máis na tolleita defensa do Wigan.

Iago Falque (Tottenham Hotspur): Premier League 1PX League Cup 2PX Premier U21 7PX 5G Europa League 2PX

O xogador de Vigo chega cedido á Unión Deportiva Almería para o que queda de tempada.  A partir de agora será máis doado seguir os seus partidos na Segunda División española, onde destacou fai dúas épocas co Villarreal B. Consulta o artigo sobre Falque aquí.

Denis Suárez (Manchester City) Premier U21 6PX 2G League Cup 1PX Next Gen Series 3PX 2G

Dúas veces foi convocado co primeiro equipo do Manchester City, na Premier contra o Arsenal e contra o Watford na FA Cup. En ámbolos dous partidos ficou no banco. Ao parecer o City tentou cedelo ao Celta neste mercado invernal coa idea que gañe minutos nunha categoría superior. Os citizens non quixeron incluír unha opción de compra na operación e semella que iso rachou as posibilidades do acordo.

ilISRAEL

Gonzalo García “Recoba” (Maccabi Tel Aviv) Liga Ha’Al 14PX 2G Toto Cup 5PX 2G

Tan só tivo uns minutos na goleada por 5-0 ao Hapoel Beer Sheva. Non puido xogar máis este mes por problemas físicos.

David Rochela (Hapoel Tel Aviv) Liga Ha’Al

Pese a pertencer ao Dépor, é o Racing de Santander, onde estaba cedido, o que o presta ao Hapoel de Tel Aviv. O de As Pontes será o segundo galego na liga de Israel.

mcMALTA

Jorge Veloso (Melita) BOV Premier 3PX

Polo momento o dianteiro vigués aínda non ten un papel definido mentres se adapta ao equipo. Xogou uns minutos para debutar na vitoria ante o Hamrun Spartans, puido participar toda a segunda parte na derrota por 0-4 ante o Balzan, quedou no banco no empate sen goles co Floriana e debutou como titular na derrota por 3-0 ante os Tarxien Rainbows. Tal e como están as cousas na táboa o Melita tenta sumar puntos para encarar o playoff por evitar o descenso do mellor xeito posible.

nzNOVA ZELANDIA

Gustavo Souto (Auckland City) Premier

O ex xogador do Kairat Almaty estivo preto de fichar polo Atyrau e quedar na Superliga de Kazakstán pero ao chegar ao stage que o equipo tiña en Turquía a oferta que recibiu non foi a acordada e ademais decatouse de que o club ten importantes atrasos nos pagamentos. A historia deste engano foi contada en La Voz de Galicia. Finalmente, marcha para o Auckland City de Nova Zelandia onde tentarán remontar na liga para ser campións e, sobre todo, destacar na Champions de Oceanía.

ptPORTUGAL

Rodrigo Moreno (Benfica) Superliga 12PX 5G Taça de Portugal  4PX 2G Taça da Liga 2PX 1G Champions League 4PX

Xoga no Estoril-Benfica pero ten que saír mancado no intervalo. Volveu xogar, tras esa pequena lesión, na visita ao Moreirense. Entrou na segunda metade substituíndo a Cardozo, pero non destacou demasiado. Amosouse algo ansioso por marcar. Quedou no banco para o Sporting Braga-Benfica. Saíu na segunda parte do Paços de Ferreira-Benfica na ida das semifinais da Taça da Portugal e foi importante para case sentenciar a eliminatoria. Un disparo seu foi rexeitado polo porteiro para o que Ola John marcase o 0-2 final. O propio Rodrigo puido ampliar a conta.

Dani Abalo (Beira-Mar) Superliga

O arousán chega a Aveiro en busca dos minutos que non tivo nas dúas últimas tempadas no Celta. Agárdase que recupere a súa mellor forma e lembre ao xogador que namorou Balaídos nos anos escuros da Segunda división. Na foto, Abalo (esquerda) acompañado de Tozé Marreco na súa presentación oficial como novas fichaxes do Beira-Mar.

abalo

seSUECIA

Verónica Boquete (Tyresö) Damallsvenskan

chSUÍZA

Roberto Rodríguez (Bellinzona) Challenge League 0PX

Francisco Rodríguez (Zurich II) 1.Liga Promotion 1PX

Raúl Cabanas (SC YF Juventus) 1.Liga Promotion 16PX 8G Copa 1PX

Carlos Varela (Köniz) 1.Liga Grupo 2 11PX 2G Copa 3PX 1G

Yago Bellón (Kreuzlingen) 1.Liga Grupo 3 13PX 4G Copa 1PX 1G

As competicións en Suíza están paradas ata o mes de marzo.

uaUCRAÍNA

Lucas Pérez (Karpaty Lviv) Premier 17PX 8G Kubok 1PX

Iago Beceiro (Karpaty Lviv) Premier 0PX

Paran ata marzo.

Todas as informacións son froito da observación directa dos partidos ou dos resumos, así como de informacións recollidas na prensa e internet.

Se coñeces a algún futbolista galego que estea xogando polo mundo adiante en calquera categoría, deixa un comentario e aparecerá nesta sección.

Datos actualizados ata 31 de xaneiro.

Anuncio publicitario
Deja un comentario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: