Saltar al contenido

Os comezos difíciles de Lucas Pérez no Dynamo Kiev

abril 8, 2013

lucas dynamo
Moito se falou da marcha de Lucas Pérez do Karpaty Lviv durante o pasado mercado invernal en Ucraína. O dianteiro coruñés, ídolo do conxunto dos leóns, foi acusado de forzar a súa saída do clube ao non incorporarse ao stage de pretempada. Pola súa parte, o xogador dixo estar apartado por non querer renovar o contrato que o vencellaba ata finais do ano 2013.

As discusións levaron por diante a fichaxe de Iago Beceiro, que agardaba a apertura do mercado para debutar cos de Lviv, pero ao compartir representante, ensináronlle a porta de saída. Ao final, as tensións as que o Karpaty soe someter aos seus xogadores, buscando sacar a máxima rentabilidade, finalizaron para Lucas coa ampliación do seu contrato e coa cesión ao Dynamo de Kiev cunha opción de compra ao finalizar a tempada.

A situación de Lucas para incorporarse ao clube máis laureado de Ucraína non foi a mellor, pois tras pasar un tempo sen adestrar, atopou a un técnico, Oleg Blokhin, que non regala minutos. O ex xogador internacional pola Unión Soviética, comentou a baixa forma do coruñés e requeriu a súa participación co equipo sub-21, que xoga na liga de filiais. Ao parecer, Lucas Pérez, negouse nun primeiro momento, anque finalmente accedeu e debutou este pasado fin de semana cunha goleada contra a canteira do Shakhtar Donetsk por 8-2. No vídeo, Lucas leva o dorsal 17 e marca o primeiro gol do encontro.

A pesar disto, segundo as informacións que manexa INFORMES DE FÚTBOL, Blokhin non quedou satisfeito coas reticencias do galego e ao parecer enfriouse moito a posibilidade de que o clube de Kiev exerza a opción de compra fixada no contrato de cesión (que estaría entre dous e tres millóns de euros).

De confirmarse estas informacións, o futuro de Lucas quedaría no aire no verán. A tortuosa saída do Karpaty complicaría a súa volta, do mesmo xeito que a ambición do coruñés esixe un equipo con máis potencial e ambicións europeas. Por outra parte, o contrato cos leóns de Lviv, une ás partes ata o verán de 2014, polo que o clube propietario pedirá unha cifra non inferior aos dous millóns de euros. Esta cantidade sería prohibitiva para os equipos españois que se interesaron por Lucas Pérez, excepto para o Real Madrid, que pensou nel como reforzo para o Castilla. Cabe lembrar que xa estivo nun filial da capital, no Rayo Vallecano B, do que marchou para Ucraína, ao non contar con perspectivas no primeiro equipo con José Ramón Sandoval, pese as súas boas actuacións. Ao dianteiro, que tamén poder xogar na banda, quédanlle sete xornadas para convencer a Blokhin.

Por outra parte, o protagonista secundario desta historia, e sufridor dos danos colaterais, Iago Beceiro, xogou o seu primeiro partido oficial da tempada, tras pasar por Fabril, apartado, e polo Karpaty, no que non chegou a debutar en competición, co Verín da Rexional Preferente galega, que acollerá o seu fútbol e os seus goles, ata que o verán o leve, previsiblemente, a un nivel superior.

Pese ao que di a noticia, xa repetida noutras ocasións, INFORME DE FÚTBOL non ten constancia de que Iago chegase a probar en Kiev, como se pode ler.

Anuncio publicitario
Deja un comentario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: